Somos un Club ca filosofía de inculcar valores fundamentais a través da práctica do surf.
Atopamos a nosa vocación en transmitir a paixón que dende hai máis de 30 anos sentimos por este deporte.
Do 15 de xuño ao 15 de setembro. Surfear 5 días seguidos é a clave para unha evolución máis rápida.
De luns a venres
Pola mañá de 11:00 a 14:00
Pola tarde de 17:30 a 20:30
Coñecemos moi ben o mar e queremos ensinarche a entendelo para evitar os perigos aos que se enfronta naturalmente un surfista.
Cremos moito nos máis pequenos. Xogamos cos nosos CHIKISURFERS no mar, para acostumarse ás ondas e ao material.
Desenvolvemos un método exclusivo para acompañarte dende o primeiro baño. Temos todos os erros identificados e tarefas moi sinxelas para corrixilos.
Queres compartir a experiencia coa túa cuadrilla? Celebra connosco a túa festa-evento (Surf + Aftersurf).
Condicións especiais para grupos.
A escola está aberta todo o ano. Bañámonos todos os sábados e domingos pola mañá e pola tarde.
Apúntate ás nosas clases en calquera momento.
Adaptámonos a todos os niveis e idades, se es pai, non te quedes na area e comparte a experiencia cos teus fillos.
Se estás tolo por este deporte e queres converterte nun deportista de surf, únete ao noso equipo.
Adestramos 3 días á semana e participamos en múltiples competicións.
Movémonos cos nosos vehículos na procura das mellores condicións para cada nivel.
Bastiagueiro, Sabón, Barrañán, Caión ou Razo.